A Xunta de Galicia vén de lanzar unha subvención dirixida a todas aquelas persoas autónomas que iniciaran a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023.
- Esta axuda cubrirá investimentos como:
- Equipos informáticos
- Activos intanxibles
- Melloras en eficiencia enerxética
- Compra de equipamento e mobiliario
- Reformas nas instalacións do negocio
- Gastos notariais
- Alugueiro do local
Se queres máis información ou tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto connosco a través de calquera dos medios indicados na sección de contacto.