Nestes días estamos a visitar os comercios dos barrios de O Couto, A Carballeira e Vistahermosa para dar a coñecer o proxecto do CCA Ourense Sur. Durante estas visitas repartimos un díptico informativo e unha folla de inscrición para que poidas asociarte facilmente.
Se tes dúbidas ou queres saber máis, non dubides en consultarnos. Estamos aquí para acompañarte neste camiño.