CCA Ourense Sur
QUENES SOMOS?
O CCA Ourense sur e un centro comercial aberto de nova formacion que abarca todo o sector comercial situado o sur do centro de ourense.
Nel teñen cabida todos aqueles pequenos comercios de barrios tan historicos de ourense como o couto, a carballeira ou vistahermosa
Somos autónomos, pequenas empresas e comercios de barrio que traballamos día a día para manter vivo o comercio local.
Xuntámonos para defender os nosos intereses comúns e facer fronte á crise que ameaza o pequeno comercio nos barrios da nosa cidade.
Que pretendemos?
1
.
Ofrecer unha imaxen de marca conxunta e unha estratexia común para todos os establecementos asociados co fin de reforzar o valor de pertenecer o pequeno comercio e o comercio de barrio.
Establecer sinerxias entre todos os asociados co fin de obter mellores resultados no funcionamento e nas ventas dos nosos comercios.
2
.
Os nosos obxetivos
Como o imos a facer?
1
Dinamización comercial
.
Incentivar o consumo nos comercios asociados, a través de diversas campañas comerciais (nadal, dia da nai, dia do pai, shopping night, desfile de moda, actividades na rúa, dia do neno, etc.).
Para elo, aparte da realización das devanditas campañas poremos en circulación a moeda oficial do CCA Ourense sur (o suriño). Esta moeda regalarase ós clientes na realización das distintas campañas e estes poderán canxear o seu valor en euros reais comprando con ela nos distintos comercios asociados.
Tamén faremos feiras comerciais como a mostra da oportunidade, sacando ós comercios a rúa con aquelas prendas fora de campaña que os propios asociados queiran vender a un precio mais económico.
Buscaremos unha maior repercusión mediatica dos nosos establecementos con publicidade nos distintos medios de comunicación e co manexo continuado e intensivo das redes sociais e da intelixencia artificial.
Convenios de colaboración
2
.
A unión fai a forza, e a través do noso CCA negociaremos con distintas empresas co fin de obter, para os nosos asociados,
as mellores tarifas en distintas materias como a enerxía, o telefono, os bancos ou incluso estacións de servicio.
3
Defensa dos intereses dos asociados
.
- Estableceremos relacións permanentes con diferentes organismos e institucións publicas, ou incluso con empresas privadas co fin de mellorar os nosos intereses.
- Darémoslle ós asociados unha continua asesoría xurídica, fiscal e laboral, facendo as xeiras de consultaría.
- Asesoramento continuo en linas de axudas e subvencións.
- Xestionaremos as súas reclamacións e faremos de intermediarios ante os organismos públicos fronte calquera problema dos nosos asociados.
Formación
4
.
Organizaremos xornadas formativas pensando nas necesidades dos nosos asociados, tales como escaparatismo,
prevención de riscos laborais, redes sociais, intelixencia artificial, ou a realización de xornadas anti estrés, etc.